O PP de Lugo celebrou o Día Internacional da Muller cun café-coloquio con mulleres políticas da provincia

Un momento do café-coloquio das mulleres do PP lucense que asumiron ou asumen cargos de responsabilidade política, celebrado co gallo do Día Internacional da Muller. (Foto cedida).
Un momento do café-coloquio das mulleres do PP lucense que asumiron ou asumen cargos de responsabilidade política, celebrado co gallo do Día Internacional da Muller. (Foto cedida).

• Con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o 8 de marzo, a Comisión provincial do PP de Lugo organizou o día 4 un encontro con mulleres da provincia que teñen ou tiveron un cargo de responsabilidade política.

O obxectivo desta xuntanza, que estivo presidida pola presidenta da Comisión de Igualdade do PPdeG e Secretaria Xeral de Igualdade, a chantadina Susana López Abella, así como pola coordinadora da Comisión Provincial da Muller, Mari Teijeiro, foi conmemorar esta data e pór en valor o traballo que leva facendo esta formación política a prol da igualdade de oportunidades.

Entre as asistentes, estaban a ex conselleira de Familia, Muller e Xuventude e Presidenta de Honra do PP de Lugo, Manolita López Besteiro; a secretaría Xeral de Política Social, Coro Piñeiro; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; ou a voceira do PP na Deputación, Elena Candia.

«O PP CONFÍA NAS MULLERES PARA POSTOS DE RESPONSABILIDADE»

López Abella manifestou que a labor desenvolvida polos populares nestes últimos anos amosa «o traballo por unha igualdade real coas políticas», e resaltou «o compromiso de moitas mulleres con propostas sociais, económicas e políticas certeiras ao fronte de institucións e órganos de Goberno». Pola súa banda, a coordinadora provincial da Comisión da Muller, Mari Teijeiro, asegurou que «o Partido Popular confía nas mulleres para o desempeño de postos de responsabilidade en cargos orgánicos e Lugo é unha mostra desta aposta polas mulleres».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O IES Daviña Rey será a sede para o sur de Lugo dos Espectáculos da Ciencia con motivo do décimo aniversario de Galiciencia

Seguinte Nova

A Asamblea Nacionalista de Sober impulsa unha candidatura de unidade popular para as municipais de maio

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: