Os Premios do Deporte Galego 2014 recoñecen ao Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares

O Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares inclúe oito probas, entre as que está a da Ferreirúa, unha das máis tradicionais da nosa provincia. Arquivo EC
O Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares inclúe oito probas, entre as que está a da Ferreirúa, unha das máis tradicionais da nosa provincia. Arquivo EC

• O xurado dos Premios do Deporte Galego 2014 deu a coñecer o 10 de marzo a relación de galardóns cos que a Xunta de Galicia recoñece aos que cada ano destacan de modo especial na súa contribución ao Deporte galego.

O Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa foi concedido ao GDR- Ribeira Sacra pola organización do Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares. O xurado sinalou como méritos o número de concellos nos que se celebra, xa que ten presencia en Monforte de Lemos, Pantón, Sober, O Saviñao, Bóveda, Ribas de Sil, Quiroga, e A Pobra do Brollón, ademais de contar cunha participación moi alta.

DINAMIZACIÓN

A xunta directiva do GDR-Ribeira Sacra botou a andar esta iniciatva en 2012, para dar forma a un proxecto que aunara esforzos e cooperación entre os 8 concellos do GDR, contribuíra á organización de actividades de ocio no medio rural, fomentara a actividade física e os hábitos de vida saudables, e promocionara o territorio da Ribeira Sacra. Nestes tres anos, un total de 5.294 corredores participaron na proba absoluta, dos que 76,46% son de fóra do territorio do GDR.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O club Neka acada sete medallas nas probas da modalidade de combate

Seguinte Nova

A selección sarriana infantil xogará de novo en Bretaña

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: