•Os irmáns Pedro e Marcos Burgo participarán no Campionato de España de Rallyes Asfalto
• O 8 de marzo tivo lugar en Sarria a presentación da nova tempada do equipo Burgo Rally Team, na que os irmáns Burgo, Pedro e Marcos, deron a coñecer os seus obxectivos de competición para os vindeiros meses.
PRÓXIMAS TRES CITAS COA COMPETICIÓN EN CANARIAS
Acompañados polos patrocinadores e un nutrido grupo de aficionados, os integrantes do Burgo Rally Team anunciaron a súa participación no Campionato de España de Rallyes Asfalto (CERA). As primeiras citas do equipo dos Burgo coa competición terán lugar en Canarias, onde participarán no Rally de Santa Brígida, que lles servirá como posta a punto para afrontar os seguintes dous desafíos, o Rally de Adeje e o Islas Canarias, xa puntuables para o Campionato de España.
GRAN IMPACTO DO PORSCHE 911 GT3
Durante a presentación do Burgo Rally Team, que tivo lugar nas novas instalacións de Galimplant en Sarria, destacou o impacto do espectacular Porsche 911 GT3, que luciu as novas cores para esta tempada, e que despertou unha gran expectación entre os aficionados asistentes ao acto.•