Recepción na sede da Deputación do alumnado do programa de intercambio no IES A Pinguela

O delegado de Cultura da Deputación recibiu aos 52 alumnos e alumnas de Cantabria, Murcia e Canarias que participan no Proxecto Proceme Diversidade Medioambiental, xunto co instituto monfortino

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A finais de febreiro, o grupo de 52 alumnos e profesores que participan no IES A Pinguela de Monforte no programa de intercambio Proxecto Proceme Diversidade Medioambiental foron recibidos na sede da Deputación de Lugo.

VISITA AO MUSEO

O delegado de Cultura e Turismo do organismo provincial, Mario Outeiro, actuou como anfitrión dos estudiantes, aos que convidou a aproveitar a súa estancia en Lugo para visitar o Museo Provincial, «un espazo multidisciplinar moi interesante e que seguramente contén cadros e obxectos que vos van sorprender». Posteriormente, o grupo realizou unha visita ao Museo Provincial, guiada pola directora, Aurelia Balseiro, que lles explicou as características deste espazo e as súas pezas máis destacadas. Por último, os visitantes recibiron un agasallo institucional en lembranza do seu paso por Lugo, antes de continuar coas súas visitas por diversas localidades galegas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dolores Castro repite como candidata do PP á alcaldía de Folgoso do Courel

Seguinte Nova

ACES-Sarria organiza o 27 de marzo a Sarria Fashion Night

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: