Reivindicación e confraternidade no Día Internacional da Muller en Quiroga

Grupo de asistentes á II Cea de Confraternidade de Mulleres da Comarca de Quiroga.  (Foto cedida).
Grupo de asistentes á II Cea de Confraternidade de Mulleres da Comarca de Quiroga. (Foto cedida).

 

• O 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller, coa celebración de diversos actos en todo o sur de Lugo. En Quiroga, a concellería de Educación, Benestar e Igualdade, a través do Centro de información á Muller (CIM), organizou unha axenda de actividades para lembrar o papel da muller no desenvolvemento da sociedade, e a importancia de garantir a igualdade de dereitos e oportunidades.

As tres concelleiras da Corporación Municipal de Quiroga:  Ana Núñez García, titular de Educación, Benestar e Igualdade; Mª Dolores Sánchez Durán, á fronte de Cultura; e Rosa Arza Rodríguez, responsable da Área de Xuventude.  (Foto cedida).
As tres concelleiras da Corporación Municipal de Quiroga: Ana Núñez García, titular de Educación, Benestar e Igualdade; Mª Dolores Sánchez Durán, á fronte de Cultura; e Rosa Arza Rodríguez, responsable da Área de Xuventude. (Foto cedida).

Así, o sábado 7 de marzo tivo lugar a II Cea de Confraternidade de Mulleres da Comarca de Quiroga, organizada polo CIM en colaboración coa Asociación de Mulleres San Martiño, á que asistiron máis de 30 mulleres. No acto, a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, animou a todas as asistentes a continuar reivindicando os dereitos das mulleres. Ao remate, as mulleres que o desexaron fotografáronse no photocall deseñado para a ocasión, con mensaxes sobre igualdade.

O día 9, personal do CIM de Quiroga realizou obradoiros para o alumnado de Primaria do CEIP de Quiroga, para aproximar aos nenos e nenas ao concepto de igualdade a través de contacontos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Asamblea Nacionalista de Sober impulsa unha candidatura de unidade popular para as municipais de maio

Seguinte Nova

Quiroga, localidade solidaria co Alzheimer

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss