Rematada a instalación do equipamento no Auditorio Municipal de Chantada

A Deputación financiou esta instalación con 67.400 euros, á que se suman os 900.000 euros investidos na construción do edificio

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o alcalde de Chantada, Manuel Varela, supervisaron os traballos realizados no Auditorio Municipal da vila do Asma. GPDL
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o alcalde de Chantada, Manuel Varela, supervisaron os traballos realizados no Auditorio Municipal da vila do Asma. GPDL

• O pasado 6 de marzo, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e do alcalde de Chantada, Manuel Varela Rodríguez, supervisou o equipamento do Auditorio Municipal da vila do Asma, que acabou de instalarse nestes días. A totalidade desta infraestruturas cultural e de ocio contou cunha inversión por parte do organismo provincial de preto de 1 millón de euros.

RESPOSTA A UNHA «DEMANDA HISTÓRICA DA VECIÑANZA»

Según precisou Gómez Besteiro na súa visita a Chantada, «con esta obra, poñemos fin a unha demanda histórica das veciñas e veciños, dotando ao Concello de novas infraestruturas de uso público». O mandatario provincial lembrou que este proxecto enmárcanse no conxunto de actuacións de 5 millóns de euros que «a Deputación levou a Chantada para liquidar a histórica débeda do canon hidroeléctrico».

O equipamento interior do Auditorio Municipal está composto por 266 butacas, un proxector audiovisual, unha pantalla de 4 por 2 metros, ademais dunha cortina de máis de 20 metros de longo por 5 metros de alto con carril motorizado. Este material foi financiado cunha achega de 67.400 euros. Ademais desta inversión, a Deputación investiu 900.000 euros para a construción do edificio, chegando a preto de 1 millón de euros de inversión total. Esta actuación forma parte do complexo deseñado dentro dun plan global de reforma da Praza de Galicia sobre os terreos nos que ata 2009 se atopaba a Casa consistorial.

CANON HIDROELÉCTRICO

Gómez Besteiro lembrou que, tanto a construción do Auditorio como a súa dotación, enmárcanse nas actuacións que a Deputación levou a Chantada para liquidar a débeda do canon hidroeléctrico, con 5 millóns de euros. Xa con remanentes destes fondos, a institución provincial financiará novas actuacións, como a mellora do campo de fútbol de Sangoñedo, do centro de día ou a Praza de Abastos, entre outras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Viticultores da Ribeira Sacra asistiron á xornada sobre o viñedo experimental financiado pola Deputación en Portomarín

Seguinte Nova

Curso de iniciación para adestradores de baloncesto en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: