Viticultores da Ribeira Sacra asistiron á xornada sobre o viñedo experimental financiado pola Deputación en Portomarín

Neste proxecto, investigadores da Universidade de Santiago de Compostela estudan métodos sanitarios e de cultivo de viñas, encamiñados a potenciar a economía baseada nos produtos autóctonos

Un momento da charla divulgativa sobre o proxecto experimental de microvinificacións que a Deputación financia no Monte do Cristo, en Portomarín. GPDL
Un momento da charla divulgativa sobre o proxecto experimental de microvinificacións que a Deputación financia no Monte do Cristo, en Portomarín. GPDL

• A Deputación de Lugo organizou a finais do mes pasado unha xornada divulgativa adicada aos profesionais da viticultura da Ribeira Sacra, en torno ao proxecto experimental que está a financiar o organismo provincial no viñedo de Monte do Cristo, en Portomarín.

A charla divulgativa estivo centrada nas colleitas de 2013 e 2014, obtidas nas microvinificacións deste cultivo experimental. Os expertos deron a coñecer aos asistentes aspectos como diferencias das dúas anualidades e limitacións á hora de elaborar o viño neste cultivo de investigación. Tamén se ofreceron comparativas de xestión e tentativas de futuro para o sector vitinícola. A xornada, que se desenvolveu no Restaurante Portomiño, integrou unha parte prática, con degustación e cata das variedades de viño establecidas na finca experimental no ano 2013 e 2014, en particular mencía, godello, alvariño e un indicador foráneo.

Os encargados desta charla gratuíta foron Julián Berrio, profesor da USC á fronte do equipo de investigación que traballa no viñedo; Roberto Regal, enólogo de RL Asesoría Vitinícola Chantada; e Óscar Rodríguez Pérez, colaborador xornalístico do suplemento Catando.

Este proxecto experimental, financiado pola Deputación, consiste no estudo de diferentes aspectos do cultivo de viñedos. O campo de traballo dos técnicos da Universidade é unha plantación de 2,7 hectáreas en alta densidade, na que, ademais da redución de custos enerxéticos, tamén estudian outros factores que inflúen na calidade e cantidade da produción e, polo tanto, na rendibilidade das viñas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Colorido e diversión de Entroido polas rúas do sur de Lugo

Seguinte Nova

Rematada a instalación do equipamento no Auditorio Municipal de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss