
• A deportista oriunda de Sober María Arias Rodríguez proclamouse este mes campiona de España de fútbol sala coa selección galega Sub-21. A soberina recibiu as felicitacións do Concello de Sober, municipio do que son naturais os seus pais, en concreto das parroquias de Bolmente e Neiras. María Arias entrou na selección galega con 12 anos, e foi campiona de España na categoría infantil. Leva 5 anos como titular de primeira división, no equipo Cidade das Burgas.•