A Xunta destinou 146.000 euros a 3 cursos na Unidade de Acción Formativa de Monforte

• A mediados deste mes foron entregados en Monforte os diplomas correspondentes aos tres cursos inclúidos no programa de Accións Formativas para Desempregados, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar.

No acto, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou que estes cursos teñen como obxectivo mellorar ou reorientar a cualificación profesional dos participantes, para favorecer a súa reincorporación no mercado laboral. Con esta finalidade, están orientados aos sectores con máis capacidade de xerar emprego, e que ademais cumplen o fin de mellorar ou reorientar a ocupación profesional dos asistentes.

Un total de 41 persoas en situación de desemprego participaron nestes tres cursos. A horticultura e floricultura centrou un dos cursos, con 600 horas de duración, mentres que o curso de actividade de florería contou con 480 horas. Por último, o curso de carpintería e moble dispuxo de 300 horas.

Os tres cursos foron financiados pola Consellería de Traballo e Benestar cun total de 146.000 euros. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga celebrará a XI Carreira Popular Feira do Viño o venres 3 de abril

Seguinte Nova

Paradela conta cun novo folleto turístico sobre o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss