Ata o 20 de abril para inscribirse no IV Curso de Tecido Tradicional en Quiroga

O Museo Etnográfico de Quiroga acollerá, do 22 de abril ata o 29 de xuño, o IV Curso de Tecido Tradicional. Esta iniciativa, posta en marcha dende a Delegación de Cultura do Concello de Quiroga, terá unha duración de 40 horas lectivas. As sesións do curso impartiranse os luns e mércores de 18 horas a 20 horas.

TÉCNICAS TRADICIONAIS

Según explicaron dende o Concello de Quiroga, o IV Curso de Tecido Tradicional ten como obxectivo amosar ao alumnado participante todo o proceso de elaboración téxtil seguindo as técnicas tradicionais de fiado, urdido e tecido con la de ovella. As persoas interesadas en asistir ao IV Curso de Tecido Tradicional poderán inscribirse na Casa da Cultura de Quiroga ata o 20 de abril. Para máis información, poden chamar ao teléfono 982 435 125, ou enviar un e-mail ao enderezo electrónico culturaquiroga1@gmail.com.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta pon á venda en abril solo industrial no Porto Seco de Monforte co 50 por cento de desconto

Seguinte Nova

O documental “O Piloto”, na Casa da Cultura de Monforte o venres 27 de marzo ás 20,30 horas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss