•Xa comezou o obradoiro impartido en Bóveda, e en abril arrincará en O Incio o curso sobre cesteiría •A programación ofrece un total de 12 obradoiros con 146 prazas
• O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) deu comezo á súa programación de obradoiros, integrada por un total de 12 actividades que se prolongarán ata finais de xuño. Os obradoiros, que ofrecen un total de 146 prazas, centraranse nas especialidades de tecido, tapicería, fotografía, cestería, tala e torneado de madeira, birimbao, arte visual, escaparatismo e fabricación de monicreques.
IMPULSO DOS OFICIOS ARTESANAIS COMO «SINAL DE IDENTIDADE E ATRACTIVO QUE XERA RIQUEZA»
Según explicou a deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, o CENTRAD organiza estes obradoiros para «contribuír ao noso obxectivo de pór en valor a artesanía típica lucense, e de achegar a tradición artesanal e a riqueza cultural da provincia a todos os lucenses». Polín engadiu que estes obradoiros lúdico-didácticos inclúense dentro da aposta da Deputación de Lugo «polo impulso dos oficios artesanais como sinal de identidade e atractivo da provincia que xera riqueza».
OBRADOIROS EN MARCHA
Os obradoiros do CENTRAD comezaron a finais de febreiro, coa posta en marcha do curso de Elaboración de tapices en alto lizo, a cargo de Carmen Pano de la Fuente, no Centro Sociocultural de Bóveda, e que rematará a finais de abril. Tamén se está a desenvolver nas Pallozas do Museo Etnográfico de Cervantes o obradoiro de Iniciación ao Tecido Tradicional Galego, baixo as instrucións de Cecilia Carballo Castrillón, e que se completará a finais de abril. Por outra banda, a escola de San Adriano en Lourenzá acolle ata o 15 de maio o obradoiro de Iniciación á Tapizaría, da man de María Otero Folgueira. Asimesmo, no Telecentro de Becerreá se está a impartir o obradoiro de Iniciación á Fotografía, con Peter Schneider como mestre. A partir do 30 de marzo e ata o 8 de abril, Margarita Portomeñe ensinará as técnicas do escaparatismo e figuras con porispán nas aulas do Hospital de Día de Saúde Mental de Lugo. Para os máis novos, comezou este mes un obradoiro de birimbao no CEIP Santa María da Fonsagrada.
MÁIS OBRADOIROS COMEZAN EN ABRIL
As persoas interesadas en participar nalgúns dos obradoiros do CENTRAD están a tempo de inscribirse nos cursos que comezan en abril. O día 6 arrincará no Edificio Multiusos do Concello de O Incio o obradoiro de Iniciación á Cestaría, que ofrece 10 prazas, e que se impartirá ata o 26 de maio os lunes e martes en horario de 16,00 a 20,00 horas. A matrícula ten un prezo de 30 euros, e inclúe un total de 60 horas. O obradoiro será impartido por Beatriz Valín López. O 7 de abril comeza nos Claustros de San Francisco en Viveiro o obradoiro de Iniciación ao Tapiz de alto lizo, tamén con 10 prazas. As sesións serán os martes, mércores e xoves de 16,00 a 20,00 horas, ata o 7 de maio. O curso estará guiado por Noela Feal Giménez, cun prezo de 30 euros. Pola súa banda, as aulas da Fundación TIC en Lugo acollerán do 13 de abril ata o 3 de xuño o obradoiro Comunica-Acción. Arte visual da iconografía (deseño gráfico). As sesións terán lugar os luns, mércores e xoves de 16,00 a 20,00 horas, cun prezo de matrícula de 45 euros. O obradoiro será conducido por Yolanda Díaz Goás.
As inscricións poden facerse na páxina web www.centrad.org, e o prazo remata 5 días antes da data de comezo de cada obradoiro.•