•A competición voltará a finais de abril •Os días 3 e 4 do vindeiro mes desenvolveras nas instalacións de Pantón o II Torneo Semana Santa
• Durante a segunda fin de semana de marzo, tivo lugar nas instalacións de OCA Augas Santas Golf unha nova proba da Liga de Parellas Costas Galicia.
GAÑADORES DA QUINTA PROBA DESTA LIGA
A proba disputouse baixo a modalidade de scramble, e rematou coa victoria dos ourensáns Javier Romero Casal e Mª Jesús Rodríguez Iglesias, que completaron a proba cun total de 46 puntos. A segunda plaza correspondeu aos xogadores de A Rúa Miguel Rodicio e Jorge Sixto, que terminaron con 45 puntos.
CLASIFICACIÓN PROVISIONAL
Trala disputa da quinta proba, a clasificación provisional está encabezada polos vigueses Román Lorenzo e Fernando Moldes, cun acumulado de 482 puntos, seguidos por José E. Blanco e Samuel Rubinos, con 438 puntos. O terceiro posto provisional está ocupado por Fátima Franco e José L. Domínguez, con 428 puntos en total.
A proba que completará a VII Liga de Parellas Costas Galicia disputarase en Pantón os días 24, 25 e 26 de abril, baixo a modalidade Copa Canadá.
II TORNEO SEMANA SANTA
O campo de golf de Augas Santas será o escenario do II Torneo Semana Santa, durante os días 2, 3 y 4 de abril. A proba disputarase a 18 hoyos baixo a modalidade individual stableford hándicap con dúas categorías de xogo. Os participantes poderán xogar un día ou dous, sendo válida para os premios só unha tarxeta por xogador. A inscrición permanece aberta no teléfono 982 456 705 ata as 15,00 horas do día anterior ao elixido de xogo. Haberá 3 premios en primeira e segunda categoría, gañador scratch, mellor dama, approach e drive.•