O documental “O Piloto”, na Casa da Cultura de Monforte o venres 27 de marzo ás 20,30 horas

O documental «O Piloto», sobre a figura do «último guerrilleiro» Xosé Luis Castro Veiga «O Piloto», poderá verse en Monforte o venres 27 de marzo. A proxección será na Casa da Cultura, ás 20,30 horas, e a entrada é gratuíta.

O documental, de 85 minutos de duración, está dirixido por Xosé Reigosa, sendo o guión e a documentación do xornalista Afonso Eiré. «O Piloto» recolle as testemuñas de medio cento de persoas, compañeiros, enlaces, apoios e xentes que tiveron relación con este guerrilleiro, para ben ou para mal, e historiadores.

Tamén se dan a coñecer documentos inéditos que farán mudar para sempre a visión deformada que se veu dando historicamente deste guerrilleiro: as relacións co PCE, as principais accións, por qué sobreviviu tanto tempo, as causas de continuar a loita, que facía nos últimos anos, entre outros aspectos.

Ademais, o documental inclúe unha entrevista realizada no 1979 á súa compañeira Mirelle.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 20 de abril para inscribirse no IV Curso de Tecido Tradicional en Quiroga

Seguinte Nova

Ciclo de conferencias na Asociación Crearte de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: