• O piloto lucense Pedro Burgo, do Burgo Rally Team, acadou unha excelente segunda posición no Rally de Santa Brígida, disputado en Las Palmas os días 13 e 14 de marzo. O seu Porsche 911 GT3 levantou gran expectación entre os numerosos aficionados que se congregaron nesta localidade canaria para seguir a competición. O primeiro posto foi para o local Luis Monzón, co Mini JWC, e o terceiro lugar do podio ocupouno o lanzaroteño Rubén Curbelo, co Mitsubishi Lancer Evo.
Burgo demostrou o gran potencial deste vehículo de cara ás probas puntuables para o Campionato de España, que se iniciarán no mes de abril. O Burgo Rally Team xa confirmou a súa participación no Rally Adeje, que se desenvolverá os días 11 e 12 de abril, e tamén no Rally Canarias, os días 18 e 19 de abril.•