O piloto lucense Pedro Burgo, segundo no Rally de Santa Brígida

Imaxe do Porsche 911 GT3 pilotado por Pedro Burgo, do Burgo Rally Team, na proba de Santa Brígida, os días 13 e 14 de marzo. (Foto: JOSUÉ GUERRA FOTOGRAFÍA).
Imaxe do Porsche 911 GT3 pilotado por Pedro Burgo, do Burgo Rally Team, na proba de Santa Brígida, os días 13 e 14 de marzo. (Foto: JOSUÉ GUERRA FOTOGRAFÍA).

• O piloto lucense Pedro Burgo, do Burgo Rally Team, acadou unha excelente segunda posición no Rally de Santa Brígida, disputado en Las Palmas os días 13 e 14 de marzo. O seu Porsche 911 GT3 levantou gran expectación entre os numerosos aficionados que se congregaron nesta localidade canaria para seguir a competición. O primeiro posto foi para o local Luis Monzón, co Mini JWC, e o terceiro lugar do podio ocupouno o lanzaroteño Rubén Curbelo, co Mitsubishi Lancer Evo.

Burgo demostrou o gran potencial deste vehículo de cara ás probas puntuables para o Campionato de España, que se iniciarán no mes de abril. O Burgo Rally Team xa confirmou a súa participación no Rally Adeje, que se desenvolverá os días 11 e 12 de abril, e tamén no Rally Canarias, os días 18 e 19 de abril.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova proba da Liga de Parellas Costas Galicia en Pantón

Seguinte Nova

A soberina María Arias Rodríguez, campiona de España de fútbol sala

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: