Paradela conta cun novo folleto turístico sobre o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño

A edición deste material informativo polo Concello de Paradela contou coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, durante a presentación en Lugo do novo cuatríptico informativo sobre o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño. GPVDL.
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, durante a presentación en Lugo do novo cuatríptico informativo sobre o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño. GPVDL.

• O Concello de Paradela vén de editar un novo folleto informativo e promocional sobre o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, e do que se emitiron un total de 2.000 copias. Para levar a cabo esta edición, o Concello contou coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

MONUMENTO NACIONAL DENDE 1982

Durante a presentación deste material promocional, que tivo lugar en Lugo o pasado día 17, o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e o responsable do organismo provincial, Mario Outeiro, suliñaron a importancia de divulgar este conxunto patrimonial, que foi declarado Monumento Nacional en 1982, ademais de poñer en valor distintos elementos do patrimonio arquitectónico e cultural da contorna.

MOSTEIRO E RUTA POLO MUNICIPIO CON LUGARES DE INTERESE

O folleto, configurado como un cuatríptico a todo color, ofrece fundamentalmente información sobre o Mosteiro de San Facundo de Ribas do Miño, amosando a súa evolución histórica e construtiva, así como un estudo documental que se fixo do mesmo e as pinturas murais que se poden contemplar no seu interior. Como complemento a estes datos, os folletos tamén inclúen a ruta turística que se pode facer polo municipio de Paradela, con especial mención a lugares de interese como a Ermida de Penarredonda ou os miradoiros de Cabodevila, de Cortes, e da Capela de Santa María de Loio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destinou 146.000 euros a 3 cursos na Unidade de Acción Formativa de Monforte

Seguinte Nova

Cooperación entre administracións en beneficio dos pequenos concellos do rural

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss