Avanza a candidatura de unidade popular en Sober

Perfilado o programa electoral, con sete persoas que optan a encabezar a lista

• A candidatura de unidade popular de Sober segue a perfilar a súa proposta electoral a un mes e medio da cita coas urnas. Según deron a coñecer os responsables desta iniciativa, na asamblea aberta celebrada o 10 de abril establecéronse un total de 140 propostas sobre as que se baseará o programa electoral definitivo, e que será aprobado na vindeira asemblea do 17 de abril.

INICIALMENTE, SETE PERSOAS POSTULÁRONSE COMO CANDIDATAS

Asimesmo, foron sete as persoas que se postularon como candidatas logo da xuntanza do día 10, tres mulleres e catro homes, Diego Xesús López González, de San Martiño de Arroxo; Paula Vázquez Verao, actual concelleira nacionalista non adscrita; Ramón Sandoval Pérez, da Arriba de Barantes; Otilia Arias García, de Corvelle, Proendos; Xesús Verao Pérez, de Barantes de Riba; Mª Luisa Vázquez Freire; e Esteban José Sánchez López, de Canaval.

PROGRAMA

Por outra banda, a candidatura de unidade popular de Sober publicou un borrador de programa electoral que inclúe «140 medidas para vivir con dignidade en Sober». Estas ideas foron elaboradas con colaboración de veciñanza de Sober que enviou as súas achegas a través dun formulario participativo en internet. Os responsables desta formación precisaron que o programa segue aberto á participación e está a ser enviado a todas as asociacións e parroquias.

O borrador de programa está dividido en varias seccións: posibilidades de emprego digno en Sober; apoio ao sector do viño; turismo respectuoso co medio e a cultura da zona; un patrimonio común para unha sociedade mellor e para fomentar o turismo cultural; benestar social; un novo modelo de administración local galega, unha administración responsable; democracia, transparencia e participación social na vida municipal; asociacionismo; respecto ao medio ambiente; soberanía alimentaria; feminismo e dereito ao propio corpo; ocio na terceira idade; vivenda; cultura; deporte; saúde; vivirmos en galego; solidaridade; música; benestar animal; estudos e apoio á mocidade; boas infraestruturas; e as parroquias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

OS BARQUEIROS E A CULTURA FLUVIAL SERÁN OS PROTAGONISTAS DA II FEIRA DO VIÑO NOVO EN MONFORTE

Seguinte Nova

Máis de 55.000 euros provinciais para mellorar infraestruturas en Portomarín

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss