• Durante a xornada do sábado 18 de abril, Monforte acollerá o Campionato Galego de Taekwondo en Idade Escolar, no que participarán máis de 350 deportistas. O club Neka actúa de anfitrión desta importante cita deportiva, que se disputará nun total de cinco categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, nas modalidades masculina e feminina. Según explicou o responsable do club Neka de Monforte, José Mª Vega, este campionato ten un alto nivel de competición, xa que os deportistas que consigan o ouro en calquer categoría agás prebenxamín acceden directamente á selección galega. «Os demais medallistas terían opcións, aínda que depende da valoración do equipo técnico da selección», explica Vega, que tamén forma parte do corpo técnico do combinado galego. «Vai ser unha competición moi reñida, xa que hai moitos participantes por categoría», suliña Vega, aínda que non renuncian a conseguir sumar algún metal máis ao seu palmarés.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa