Máis de 350 deportistas daranse cita en Monforte no Campionato Galego Escolar de Taekwondo

• Durante a xornada do sábado 18 de abril, Monforte acollerá o Campionato Galego de Taekwondo en Idade Escolar, no que participarán máis de 350 deportistas. O club Neka actúa de anfitrión desta importante cita deportiva, que se disputará nun total de cinco categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, nas modalidades masculina e feminina. Según explicou o responsable do club Neka de Monforte, José Mª Vega, este campionato ten un alto nivel de competición, xa que os deportistas que consigan o ouro en calquer categoría agás prebenxamín acceden directamente á selección galega. «Os demais medallistas terían opcións, aínda que depende da valoración do equipo técnico da selección», explica Vega, que tamén forma parte do corpo técnico do combinado galego. «Vai ser unha competición moi reñida, xa que hai moitos participantes por categoría», suliña Vega, aínda que non renuncian a conseguir sumar algún metal máis ao seu palmarés.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria acollerá o Campionato de España de seleccións sub-16 de fútbol sala

Seguinte Nova

OS BARQUEIROS E A CULTURA FLUVIAL SERÁN OS PROTAGONISTAS DA II FEIRA DO VIÑO NOVO EN MONFORTE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: