OS BARQUEIROS E A CULTURA FLUVIAL SERÁN OS PROTAGONISTAS DA II FEIRA DO VIÑO NOVO EN MONFORTE

Por segundo ano consecutivo, volta ao Centro do Viño da Ribeira Sacra a Feira do Viño Novo, que se celebrará durante a xornada do sábado 18 de abril. Nesta ocasión, a Feira do Viño Novo estará adicada á cultura fluvial e aos barqueiros dos ríos que cruzan a Ribeira Sacra. Un total de 15 adegas participan neste evento, que se iniciará coa chegada, ás 11,30 horas, dunha barca cargada co viño novo ao embarcadoiro do Parque dos Condes. Dende alí, e con acompañamento de música tradicional, o viño novo carrexarase polas rúas de Monforte ata o Centro do Viño. Ás doce será a apertura oficial da Feira, que estará aberta ata as dúas e media, e pola tarde de cinco a nove. O público poderá disfrutar do viño novo adquirindo un ticket de 3 euros que dá dereito a 3 degustacións, ou un ticket de 5 euros que inclúe cataviños e 4 degustacións. Todo, acompañado de música en directo durante todo o día.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 350 deportistas daranse cita en Monforte no Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Seguinte Nova

Avanza a candidatura de unidade popular en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: