Sarria acollerá o Campionato de España de seleccións sub-16 de fútbol sala

• A fin de semana do 18 e 19 de abril, Sarria será a sede do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 de fútbol sala.

REUNIÓN PREPARATORIA DA ORGANIZACIÓN EN SARRIA

A organización desta importante proba deportiva concretou os últimos detalles nunha reunión mantida a comezos deste mes na vila xacobea, e que contou coa presencia de Gonzalo Azkárate Gaztelu, vicepresidente do Comité Nacional de Fútbol Sala e Presidente do Subcomité dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala da RFEF; Pablo Prieto, responsable de fútbol sala na Directiva da Federación Galega de Fútbol; o alcalde de Sarria, José Antonio García; e o concelleiro de Deportes, Manuel Sangil.

CALENDARIO DOS PARTIDOS

Os partidos disputaranse no pavillón de O Chanto. O sábado comezará a competición ás 11 da mañá, coa primeira semifinal entre a selección de Cataluña e a da Comunidade Valenciana. Xa á unha do mediodía, disputarase a segunda semifinal, entre a selección de Aragón e a selección de Galicia. A final xogarase na mañá do domingo 19 de abril, a partir das 12,00 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un pobrense na corte do Rei Ricardo III

Seguinte Nova

Máis de 350 deportistas daranse cita en Monforte no Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: