140 participantes no II Torneo de Semana Santa en Augas Santas

Un momento da entrega de premios do II Torneo Semana Santa nas instalacións de Augas Santas, en Pantón. (Foto cedida).
Un momento da entrega de premios do II Torneo Semana Santa nas instalacións de Augas Santas, en Pantón. (Foto cedida).

• Durante os días 2, 3 e 4 de abril desenvolveuse nas instalacións de Augas Santas Golf a segunda edición do Torneo de Semana Santa, patrocinado por OCA Hotels e coa colaboración de El Corte Inglés, Martín Códax, Candelas, A Campiña e DOSGAR.

CITA VACACIONAL E TAMÉN DEPORTIVA NA RIBEIRA SACRA

Este torneo de Semana Santa serviu, un ano máis, de punto de encontro para un total de 140 xogadores procedentes de diversa partes da xeografía nacional e internacional, e que aproveitaron esta competicióin para disfrutar das súas vacacións de Semana Santa na Ribeira Sacra.

LISTA DE PREMIADOS

Según informaron dende a organización, o gañador scratch do torneo foi Rubén Anllo, que acumulou un total de 30 puntos, mentres que o triunfador na primeira categoría foi Eliseo Naya, cun total acumulado de 38 puntos, ao que seguiu o xogador Manuel Blanco con 35 puntos, e en terceira posición quedou Óscar Trinidad con 34 puntos. Na segunda categoría resultou vencedor Jacobo Álvarez con 40 puntos, o segundo posto correspondeu a Dolores López con 39 puntos, e no terceiro lugar completou o torneo Pilar Gómez con 34 puntos. O premio á mellor dama foi para Chus Rodríguez con 33 puntos. O mellor driver no hoyo 15 correspondeu a Manuel Hernández, e o mellor aproach no hoyo 6 foi para Fátima Franco.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A VII Carreira Popular Concello de Monforte será o domingo 26 de abril

Seguinte Nova

A Deputación arranxará a estrada Pedrafita-Seoane do Courel

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss