400.000 baixo pratos promocionarán os atractivos da provincia de Lugo

A Área de Turismo da Deputación e a APEHL impulsan esta campaña promocional Os baixa pratos conteñen información turística como rutas fluviais ou a Rede Museística

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, durante a presentación dos baixa pratos promocionais. GPVDL.

• A nosa provincia contará cun espazo de promoción turística nos 400.000 baixo pratos que se distribuirán polos locais de hostalería lucenses, e tamén en varios puntos de España. Esta iniciativa foi posta en marcha pola Área de Turismo da Deputación de Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), co obxectivo de achegar a nosa cultura e os lugares turísticos de referencia aos visitantes que se achegan á nosa provincia, a través destes baixo pratos con información turística.

Esta é unha iniciativa que se pon en marcha por noveno ano consecutivo «en vista da boa acollida tanto por parte dos hostaleiros, pola súa funcionalidade e servizo, coma polos turistas, que atopan nel a información básica para a súa viaxe e os seus días en Lugo», destacou o responsable de Turismo da Deputación, Mario Outeiro, durante a presentación desta nova campaña.

INFORMACIÓN TURÍSTICA SOBRE A PROVINCIA DE LUGO

Esta iniciativa promocional inclúe a edición de 400.000 exemplares e a súa distribución, ao longo destes meses, entre os establecementos de hostalería da provincia de Lugo. A información turística que ofrecen estes elementos abrangue as rutas fluviais de Os Robles e Belesar, no Miño, e a de Doade, no Sil, xestionadas pola Deputación. Tamén integra información sobre a Rede Museística Provincial Miño, e a de Doade, no Sil, así como os museos pertencentes á Rede Museística Provincial: o Museo de Lugo, Pazo de Tor, Museo do Mar de San Cibrao, e Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ademais doutros puntos de interese cultural e turístico.

FÁCIL ACCESO Á INFORMACIÓN MÁIS ÚTIL PARA O VISITANTE

«Os baixo pratos proporcionan información básica moi útil para todos os turistas, de feito son moitos os que o levan para facer uso del e é moi común, tal e como se ten constatado en moitas ocasións, que o primeiro que fan os turistas antes de que os sirvan é apartar o prato para mirar no mapa onde están, cara onde van e que é o que van facer», suliñou Mario Outeiro.

Tamén, o presidente de APEHL, Cheché Real, agradeceu «o apoio continuo da Vicepresidencia Primeira da Deputación, a través da Área de Cultura e Turismo, pola difusión e o patrocinio dos diferentes actos de promoción que estamos a facer, xa que contribúen a mellorar os índices turísticos da provincia». Real explicou que os baixa pratos tamén serán distribuídos en establecementos de Madrid e Cataluña, «lugares dos que recibimos moitas visitas ao ano, e nos que estes actos promocionais están a dar os seus froitos».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Semana Santa completouse cunha boa cifra de visitantes no sur de Lugo

Seguinte Nova

Gran tirón de visitas de Semana Santa en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss