A Deputación arranxará a estrada Pedrafita-Seoane do Courel

Os responsables provinciais explican que con esta actuación «responden ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos»

O presidente da Deputación supervisa o trazado que será obxecto de mellora, xunto cos responsables municipais dos concellos da Montaña.  GPDL.
O presidente da Deputación supervisa o trazado que será obxecto de mellora, xunto cos responsables municipais dos concellos da Montaña. GPDL.

 

• O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que o organismo provincial acondicionará a estrada provincial LU-P-1301, que comunica Pedrafita e Seoane do Courel. O titular provincial fixo este anuncio en Pedrafita do Cebreiro a finais do mes pasado, e suliñou que este compromiso «responde ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos». Según o presidente da Deputación, este investimento na Montaña lucense contribuirá a mellorar as comunicacións entre estes dous municipios.»A Deputación está a facer un esforzo inversor para dar resposta a esta demanda», suliñou.

CARACTERÍSTICAS DESTA ACTUACIÓN

En canto ao calendario desta actuación, Gómez Besteiro anunciou que o organismo provincial xa iniciou os trámites para a ocupación dos terreos necesarios que permitirán mellorar un tramo de preto de 6 quilómetros. «Continuaremos o acondicionamento dende a parte que xa está arranxada ata o final da vía», precisou. Unha vez concluído o proceso de ocupación, a Deputación iniciará os traballos de acondicionamento no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0,00 e o 5,700. Os traballos comezarán co movemento de terras e de muros de contención existentes, para a posterior ampliación da estrada. Unha vez rematados, esta contará con dous carrís de circulación de 3,10 metros, aos que se sumarán arcéns de preto de 1 metro, de xeito que a LU-P-1301 pasará a ter un ancho de 8 metros. Tamén se mellorará o firme mediante o uso de material de drenaxe, dobre capa de aglomerado en quente e sinalización horizontal e vertical, co obxectivo de mellorar a seguridade vial.

RAPOSO: «UNHA MELLORA INDISCUTIBLE PARA OS VECIÑOS DA MONTAÑA»

Na súa visita a Pedrafita do Cebreiro, o presidente da Deputación estivo acompañado polo alcalde deste municipio, José Luis Raposo, quen definiu esta obra como «unha mellora indiscutible para os veciños da Montaña». Según o rexedor, esta mellora non só reducirá os tempos dos desprazamentos entre os concellos de Pedrafita e O Courel e aumentará a seguridade dos seus numerosos usuarios, senón que tamén suporá un enlace directo coa A-6″.•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

140 participantes no II Torneo de Semana Santa en Augas Santas

Seguinte Nova

Esixen a Sanidade que ofreza un «servizo de calidade» aos usuarios do Centro de Saúde de A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss