A fachada do Concello de Chantada convertirase nun gran taboleiro do concurso científico Big Ciencia

Esta iniciativa divulgativa da Axencia Galega de Innovación celebrarase o sábado 25 de abril a partir das 21,30 horas

O sábado 25 de maio a partir das nove e media da noite, a fachada da Casa Consistorial de Chantada transformarase nun gran taboleiro para o concurso de divulgación científica Big Ciencia. Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía e Industria a través da Axencia Galega de Innovación, trata de achegar a innovación á cidadanía dun xeito ameno e divertido.

O concurso Big Ciencia combina o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato, transformando fachadas de edificios emblemáticos en xigantescos tableiros de xogo. O feito de proxectar as preguntas e respostas sobre as fachadas de edificios é o que fai que este evento resulte espectacular, convertendo cada acción en única. Isto é posible grazas ao uso da proxección arquitectónica de gran formato, unha técnica ata o momento reservada a actividades de carácter artístico e que permite a Big Ciencia crear un novo concepto de divulgación científica innovador e de grande impacto visual.

No concurso, poden participar todos os veciños, familias e amigos que se animen a medir os seus coñecementos fronte a un rival, sen necesidade de inscribirse previamente.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Contacontos na Biblioteca de Chantada para celebrar o Mes dos Libros

Seguinte Nova

Arrinca a programación cultural en Ribas de Sil para esta primavera

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: