A Feira de Amandi estreou un novo sistema de recollida de vidro en eventos

A iniciativa de Ecovidrio e Recikla2 busca concienciar de xeito lúdico e técnico sobre a importancia de reciclar correctamente

• O Goberno local do Concello de Sober aceptou a proposta de Ecovidrio e Recikla2 Lugo para a posta en marcha durante a XXXV Feira do Viño de Amandi dun proxecto pioneiro de recollida de vidro. Esta iniciativa pretende informar e concienciar á poboación de forma lúdica e técnica sobre a importancia de reciclar correctamente, con especial atención aos residuos de envases de vidro, neste caso ás botellas que se consumen e ás copas que se empregan.

Sober foi a primeira localidade en poñer en marcha este proxecto, que tamén se desenvolveu na fin de semana seguinte en Quiroga, e continuará nas feiras do viño de Pantón, Cambados, Salvaterra ou O Barco, entre outras.

RECICLAR CORRECTAMENTE, TAMÉN NAS FEIRAS

Según informaron dende o Concello de Sober, o proxecto denominado «De festa con Mr. Iglú» permite aos organizadores incidir en que as copas e vasos de cristal non se depositan no iglú verde. Para proporcionar toda esta información ao público, instalouse durante a fin de semana da Feira de Amandi unha carpa informativa, ademais de contar coa mascota inchable Mr. Iglú, coa que os máis cativos puideron fotografarse. Todas as accións estiveron encamiñadas á correcta ubicación de residuos reciclables nos contedores correspondentes.

Ecovidrio e Recikla2 obsequiaron aos participantes cun tapón de viño estanco e un sacacorchos transparente.

INFORMACIÓN E TAMÉN RECOLLIDA

Ademais de informar, a campaña tivo como misión recoller envases de vidro nos postos e adegas participantes na XXXV Feira do Viño de Amandi. Esta tarefa estivo a cargo da Ecopatrulla de recollida de envases de vidro, que tamén atendeu ás demandas realizadas dende as distintas adegas participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición dos debuxos do Concurso Infantil da XXXV Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

Creatividade e socialización nos Faladoiros dos Luns en Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: