A VII Carreira Popular Concello de Monforte será o domingo 26 de abril

O prazo para anotarse remata o xoves 23 de abril ás 19,00 horas A pasada edición, a carreira contou con máis de 1.000 participantes entre todas as categorías

Un momento da presentación da VII Carreira Popular Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26 de abril. (Foto cedida).

• A VII Carreira Popular Concello de Monforte celebrarase o domingo 26 de abril. Esta cita xa consolidada no calendario de eventos deportivos incluirá, como todos os anos, a proba absoluta e as diversas carreiras nas categorías menores, para dar cabida a todo tipo de corredores, sen necesidade de estar federado.

PROMOCIÓN DO DEPORTE DE BASE, DAR PULO AO ATLETISMO, E ATRAER AOS ATLETAS DE NIVEL

Según explicaron na presentación da carreira o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, acompañado polo técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, e o director deportivo do Club A Gándara, Rubén de Vicente, os obxectivos deste evento deportivo son promover a afección ao atletismo, lograr a participación do maior número posible de atletas de nivel, e contribuír á potenciación do deporte de base cunha masiva participación dos colexios nesta actividade.

HORARIOS DE SAÍDA DAS PROBAS E CIRCUÍTOS

En canto aos horarios, as categorías menores iniciarán as correspondentes carreiras ás 11,00 horas, e a proba absoluta partirá ás 12,00 horas. O circuíto das probas para as categorías menores discurrirá pola zona da Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure. O percorrido para a carreira absoluta ten unha lonxitude aproximada de 7.000 metros, e inclúe dúas voltas ao circuíto urbano que comeza na Compañía e continúa por Paseo de Lugo, rúa Carude, estrada de Sober ata a Escola Taller, onde se fai un xiro de 180º e se volve pola estrada de Sober dirección San Lázaro, Rúa San Lázaro, Rúa Reboredo, Rúa Dalmiro de la Válgoma, Rúa Escultor Francisco Moure e novamente á liña de saída, así ata completar dúas voltas ó percorrido e rematar na liña de meta ubicada na Praza da Compañía. Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización, excepto para os propietarios de chip amarelo que poderán utilizar o seu.

CÓMO INSCRIBIRSE NA PROBA ABSOLUTA E NAS CATEGORÍAS MENORES

A inscrición poder realizarse presencialmente na Oficina de Deportes do Concello, ata o xoves 23 de abril ás 19,00 horas, tanto para a proba absoluta como para categorías menores. Os adultos poderán inscribirse tamén a través da web www.championchipnorte.com. Os participantes das categorías menores poderán anotarse a través do correo electrónico lodeco@lodeco.es e deportes@concellodemonforte.com.

MÁIS PARTICIPANTES CADA ANO

A Carreira conta coa colaboración de Gadis, Coca Cola e Xoiería Camilo, e o patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e do GDR Ribeira Sacra. A Policía Local efectuará cortes parciais e temporais das rúas segundo as necesidades da carreira e o descorrer da mesma, intentando que a proba atlética interfira na menor medida posible sobre a circulación do tráfico rodado na cidade e garantindo, en todo momento, a seguridade dos atletas participantes.

A edición de 2014 rexistrou unha participación superior ós 1.000 corredores entre as categorías menores e absoluta, continuando a incrementar cada ano o número de atletas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo acada a débeda cero e mantense á cabeza en investimento por habitante

Seguinte Nova

140 participantes no II Torneo de Semana Santa en Augas Santas

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: