Benestar retomará nesta lexislatura o proxecto do centro de maiores de Carballedo

A Consellería de Traballo e Benestar está a investir nesta localidade lucense máis de 330.000 euros no eido social e laboral

Un momento da reunión do alcalde de Carballedo, Julio Yebra; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a finais do mes pasado. GPDTL.
Un momento da reunión do alcalde de Carballedo, Julio Yebra; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a finais do mes pasado. GPDTL.

• A finais do mes pasado, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse en Lugo co alcalde de Carballedo, Julio Manuel Yebra, para amosar o seu compromiso de retomar o proxecto do centro de maiores de Carballedo durante esta lexislatura.

Mato destacou a importancia de poñer a disposición das persoas maiores servizos de calidade e, deste xeito, indicou que a posta en marcha de prazas públicas para este colectivo é unha das prioridades da Xunta, lembrando que Galicia é a segunda autonomía de todo o Estado con maior porcentaxe de servizos profesionais.

A titular de Benestar lembrou que na provincia de Lugo se están a ofertar na actualidade preto de 2.000 prazas de maiores, das que a Xunta puxo en funcionamento 528, o que supón un 36% máis das que había en 2009. Mato destacou que en toda Galicia as prazas creadas polo Goberno galego para persoas maiores foron máis de 3.100, un 50% máis das que se ofertaban nos últimos seis anos. En atención residencial, o aumento é do 25%, con 1.350 prazas novas, e en centros de día do máis do 170%, con 1.600 prazas novas.

INVESTIMENTOS EN CARBALLEDO

Por outra banda, Mato tamén se referiu ao investimento que ten realizado a Consellería de Traballo e Benestar no Concello de Carballedo o ano pasado. Así, tanto en emprego como na área social supera os 330.000 euros, dos que máis de 200.000 euros foron destinados ao ámbito laboral, e máis de 130.000 ao social.

En materia laboral, Mato destacou o financiamento de preto de 180.000 euros para o obradoiro de emprego Serra do Faro, que Carballedo comparte xunto co Concello de Chantada, no que se formaron no último semestre 20 alumnos e alumnas nas especialidades de xardinería e albanelería. Os seus participantes están levando a cabo o axardinamento do campo da feira e o acondicionamento dos codos de Belesar, en Chantada, e a construción dunha nave para servizos municipais en Carballedo. Na área social, a titular de Benestar destacou o incremento nun 7% das horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

FERNANDO PARADA VEIGA ENCABEZARÁ A LISTA DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA DE A POBRA DO BROLLÓN

Seguinte Nova

Exposición dos debuxos do Concurso Infantil da XXXV Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: