• Logo do espectáculo do día 11, a actividade voltará o sábado 25 de abril • En maio as sesións de contacontos serán os días 9 e 16

•A Biblioteca Municipal de Chantada está a desenvolver unha axenda de actividades en torno á animación á lectura, con motivo da celebración do Mes dos Libros. A organización deste programa conta coa colaboración do Concello de Chantada, e coa financiación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do programa Ler Conta Moito.
A primeira sesión de contacontos celebrouse o sábado 11 de abril, a cargo de Raquel Galavís. A vindeira cita lúdico-cultural será o sábado 25, ás 12 horas, co contacontos «Comechíns», a cargo de Triateiros Grupo Teatro.
Xa en maio, o sábado día 9 terá lugar ás 12 horas o espectáculo «Contos do Mundo: unha viaxe polo mundo a través dos contos: América Central», a cargo de María Paz Gutiérrez, de Solidaridade Internacional de Galicia. Por último, o sábado 16 de maio celebrarase o contacontos «Contando en feminino», a cargo da Asociación Cultural Lisístrata, tamén ás 12 horas.•