Foto de grupo dos nenos e e nenas que participaron no Concurso de Debuxo XXXV Feira do Viño de Amandi. (Foto cedida).
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, felicitou á gañadora do Concurso de Debuxo Infantil XXXV Feira do Viño de Amandi, Lisbeth Sánchez Díaz. O deseño realizado por esta alumna do CEIP Virxe do Carme de Sober ilustrou a pegatina da que se distribuíron 10.000 copias durante a celebración da Feira de Amandi. Ademais da nena gañadora, todos os rapaces e rapazas participantes recibiron de mans do alcalde unha peza de Gundivós como agasallo. (Foto cedida).
Os traballos do Concurso de Debuxo Infantil XXXV Feira do Viño de Amandi xiraron en torno ao tema «O cultivo da viña na Ribeira Sacra», e estiveron expostos no hall do Centro Sociocultural de Sober. (Foto cedida).