O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou a finais do mes pasado que Fernando Parada Veiga encabezará a lista ás vindeiras eleccións municipais en A Pobra do Brollón. Parada, funcionario de Correos que exerce esta labor no propio municipio, é natural da parroquia de Saa, e leva doce anos participando na política local, desempeñando a labor de edil. Actualmente exerce tamén de voceiro do Partido Popular na corporación local.
José Manuel Barreiro animou ao candidato do PP en Brollón «a traballar para gañar a alcaldía e situar a este Concello da zona sur da provincia de Lugo onde se merece».
Pola súa banda, Parada Veiga agradeceu ao partido a confianza depositada na súa persoa para este cometido, e dixo que se esforzará «para lograr o reto de gañar a alcaldía». Parada afirmou que traballará «dende a responsabilidade e honestidade e sempre atendendo as peticións e demandas dos veciños».•