O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou este mes que José Luis Álvarez optará por terceira vez á alcaldía de Pantón. O líder dos populares lucenses valorou o traballo que o rexedor leva desempeñando polos seus veciños e pola localidade nestes oito anos. Barreiro definiu a Álvarez como unha persoa «moi traballadora, seria, comprometida e honesta». Pola súa banda, o rexedor e candidato avanzou que continuará na liña emprendida ata o de agora, escoitando as demandas e peticións dos cidadáns para intentar facelas posibles. «Os veciños e veciñas son a miña prioridade, e solventar as súas necesidades é o meu obxectivo», destacou Álvarez. Nado en Moreda, Pantón, José Luis Álvarez Blanco estivo emigrado en Suiza e traballou como empregado de banca. Formou parte da candidatura do PP de Pantón nas municipais de 2003, e exerceu de tenente de alcalde. Accedeu á alcaldía en 2007, e renovou a maioría absoluta en 2011.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en