JOSÉ MANUEL MATO OPTA Á REELECCIÓN COMO ALCALDE DE PARADELA

O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, confirmou que José Manuel Mato, actual rexedor de Paradela, optará a reelección como alcalde deste municipio.

Barreiro destacou «a forte implicación e dedicación do candidato popular cos veciños de Paradela, que elección tras elección premian a súa labor con amplas maiorías absolutas». Barreiro agradeceu o «compromiso público» do actual rexedor e candidato popular, «algo que se reflicte a través do traballo que desempeña dende 1979 á fronte do Concello».

Pola súa banda, o actual alcalde de Paradela, que tamén é deputado provincial, afirmou que afronta esta nova lexislatura «con ganas», e insistiu en que seguirá traballando polas necesidades dos seus veciños e polos proxectos para o municipio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O ENXEÑEIRO, MANUEL JAVIER GOYANES, NÚMERO 2 NA LISTA DO PP DE CHANTADA.

Seguinte Nova

O Incio recibiu 21,6 millóns de euros en obras e investimentos da Xunta nos últimos 6 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: