Julia Rodríguez deu a coñecer a candidatura a pé de rúa “que mellor pode gobernar Monforte os vindeiros catro anos”

O PP celebrará o sábado 25 de abril unha «comida popular» á que invitan a sumarse a todos os monfortinos para coñecer o proxecto de futuro que plantean para a cidade

• A candidata do Partido Popular á alcaldía de Monforte deu a coñecer a composición da lista coa que concurrirá ás eleccións municipais. Según Rodríguez, esta é unha candidatura «xove, renovada, ilusionada e multidisciplinar, unha lista de persoas traballadoras que non veñen á política para lucrarse, senón que o único afán que lles move é o do compromiso co futuro de Monforte». «Somos unha candidatura a pé de rúa, os que mellor coñecemos os problemas da xente e os que estamos en mellor disposición de buscarlles solución», precisou Julia Rodríguez.

INTEGRANTES DA CANDIDATURA DO PP NAS MUNICIPAIS DE MONFORTE

A candidatura do Partido Popular está encabezada por Julia Rodríguez Barreira, licenciada en Dereito e avogada, 48 anos; Iván Vázquez Rodríguez, enxeñeiro agrónomo, xefe da área de servizos agrarios de Monforte da Consellería do Medio Rural e do Mar, ex director do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte, 44 anos; Purificación Argiz Quintas; farmacéutica, 49 anos; Francisco José Cela, arquitecto, 59 anos; Manuel Jesús López Sánchez, autónomo, 49 anos; Noelia Somoza Álvarez, licenciada en periodismo, licenciada en publicidad y relaciones públicas, especialista en comunicación corporativa, 33 anos; Miguel González Lemos, médico de familia e xerontólogo, médico de Geriatros, 33 anos; José Luis González Varela, empresario, 52 anos; Fernando Varela Fernández, enxeñeiro industrial, 41 anos; Natalia Díaz López, arquitecta, 39 anos; Jaime López Álvarez, grupo administrativo do Sergas, 51 anos; Sandra Díaz Novoa, estudiante de administración e dirección de empresas, 22 anos; Alejandro Sousa, urólogo, 53 anos; Teresa López Pérez, enxeñeira industrial, 42 anos; Andrés Rodríguez Vázquez, ganadero, 70 anos; Consuelo Mª Losada Rodríguez, ama de casa, ex presidenta daa Asociación de mulleres rurais, 65 años; e Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Industria, 47 anos.

Os populares anunciaron que o vindeiro sábado 25 de abril organizarán unha «comida popular» á que invitan a sumarse a afiliados, simpatizantes e a todos os monfortinos «para que poidan coñecer en detalle o proxecto de futuro que o PP propón para a cidade».

Ademais, continúan coa súa campaña de propostas á que todos os cidadáns poden acceder a través das contas do PP de Monforte nas redes sociais Facebook e Twitter, ou na páxina web www.ppdemonforte.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pilar López presentou unha candidatura “comprometida exclusivamente con Monforte e o seu avance”

Seguinte Nova

Monforte homenaxea ao seu poeta na Casa da Cultura Lois Pereiro

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss