Máis de 55.000 euros provinciais para mellorar infraestruturas en Portomarín

Destináronse ao acondicionamento de camiños e ao cambio dunha rede de saneamento

• A finais do mes pasado, a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, supervisou o resultado das obras de acondicionamento e pavimentación do camiño rural en San Xulián, actuación solicitada polos comuneiros do monte veciñal de Caborrecelle, dotadas con 12.000 euros. García Porto anunciou que o organismo provincial tamén financiará outras 4 actuacións incluídas dentro do Plan de impulso ao medio rural. Estas obras, solicitadas polas asociacións de veciños e comuneiros, corresponden á mellora do firme de co camiño en Nespereira, cunha achega provincial de 12.000 euros; o acondicionamento da pista rural na parroquia de Soengas, con preto de 10.000 euros de investimento; o reafirmado e mellora do camiño dos Torros, en Viariño, con preto de 12.000 euros; e o cambio da tubaxe na rede de abastecemento e nas arquetas de rexistro de Vilaxuste, que conta cunha inversión de 10.000 euros.

García Porto lembrou tamén que no Concello estase a acometer a renovación dunha traída de auga na parroquia de Castrolazaro, a través do Plan de Obras e Servizos. «Con este tipo de actuacións, melloramos o día a día de ducias de veciños e freamos as desigualdades entre as cidades e o rural». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Avanza a candidatura de unidade popular en Sober

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo acada a débeda cero e mantense á cabeza en investimento por habitante

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss