MIGUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ ENCABEZARÁ A LISTA DE TRIACASTELA, CO FIN DE “ACABAR CO DESGOBERNO DO PARTIDO POPULAR”

Fernández López, que xa foi alcalde durante tres mandatos, liderará un equipo «que integre un frente común», porque «hai outra forma de facer as cousas, todo o contrario do que está a facer o actual Goberno, e cuxo proceder está baseado nunha xestión de costas aos veciños». O candidato socialista confía en que os cidadáns «saberán ver que o noso proxecto ten ideas realizables e achegadas á poboación, non a vista de páxaro, senón cos pés na terrra, e axustadas ás súas necesidades». Fernández López ten un forte vínculo con Triacastela, onde exerceu como veterinario, e despois foi alcalde durante 12 anos. Dende 2011 é voceiro do grupo socialista, onde defende «con orgullo os intereses dos cidadáns por riba dos intereses do partido».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tres medallas para os deportistas do club Neka no Open de España

Seguinte Nova

O ENXEÑEIRO, MANUEL JAVIER GOYANES, NÚMERO 2 NA LISTA DO PP DE CHANTADA.

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: