Nova Escola Galega celebrará en Chantada o XXIX Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz

O Encontro será no IES Val do Asma do 24 ao 26 de abril «Convivencia e Benestar para o século XXI: Experiencias e Recursos» é o tema desta edición

O Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz do ano pasado tivo lugar na localidade portuguesa de Chaves. (Foto cedida: Nova Escola Galega).
O Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz do ano pasado tivo lugar na localidade portuguesa de Chaves. (Foto cedida: Nova Escola Galega).

• Os días 24, 25 e 26 de abril, Chantada será a sede do XXIX Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz. As instalacións do IES Val do Asma acollerán esta edición, que servirá de evento introdutorio para a conmemoración dos trinta anos desta iniciativa promovida por Nova Escola Galega.

EXPERIENCIA PARTICIPATIVA

Este encontro formativo, que aglutina a profesorado de todos os niveis educativos, foi posto en marcha en 1986 por Suso Jares en Panxón, e caracterízase pola súa estrutura horizontal, na que todos os participantes poden ensinar e aprender ao mesmo tempo, nunha experiencia participativa única en Galicia.

Según explicaron dende a organización, este Encontro de Chantada versará sobre «Convivencia e Benestar para o século XXI: Experiencias e Recursos». Entre outras temáticas, o Encontro abordará a titoría entre iguais, planos de convivencia escolar, o fomento de redes locais de resposta social de base, a colaboración intersectorial, o sociodrama, as práticas restaurativas, a música, a danza e a creación artística e literaria. Non faltarán os eixos dos Encontros desde a súa orixe, como os xogos e dinámicas cooperativas, a asemblea final, a foto anual da paz, e a largada da pomba. Ademais, o programa está aberto ás aportacións dos participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta investirá este ano preto de 111.000 euros en obras de mellora nos centros educativos da zona sur

Seguinte Nova

Seráns Culturais en Monforte, Sarria, Pantón e A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss