O ENXEÑEIRO, MANUEL JAVIER GOYANES, NÚMERO 2 NA LISTA DO PP DE CHANTADA.

O presidente do PP e candidato á alcaldía de Chantada, Javier Medela, anunciou que Manuel Javier Goyanes Cereijo será o número 2 da lista popular para as eleccións do 24 de maio. Goyanes Cereijo naceu na parroquia chantadina de Pedrafita, é enxeñeiro técnico agrícola e actualmente traballa no Fondo Galego de Garantía Agraria. É a primeira vez que este mozo de 38 anos figura nunha candidatura, malia que a súa toma de contacto co Partido Popular data do ano 1996, ano en que se afiliou. Goyanes Cereijo dixo afrontar esta nova tarefa «con optimismo, ganas, forzas e ilusión para situar á cabeza da comarca no lugar que merece». Insiste en que «Chantada conta con moitos potenciais para darlle un maior empuxe».

Pola súa banda o alcaldable popular, Javier Medela, non disimulou a súa «satisfacción por poder contar con persoas tan válidas e traballadoras coma Goyanes Cereijo». «O principal reto está en recuperar para o Partido Popular á alcaldía de Chantada, onde os populares foron a forza política máis votada nos últimos procesos electorais», destacou Medela.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

MIGUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ ENCABEZARÁ A LISTA DE TRIACASTELA, CO FIN DE “ACABAR CO DESGOBERNO DO PARTIDO POPULAR”

Seguinte Nova

JOSÉ MANUEL MATO OPTA Á REELECCIÓN COMO ALCALDE DE PARADELA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss