O GDR OS SETE CASTROS FARÁ UNHA GUÍA DAS EMPRESAS DA COMARCA DE SARRIA POR SECTORES

Foto de arquivo da Feira da Sala, un dos eventos que o GDR Os Sete Castros organizou na comarca de Sarria. (Arquivo EC).
Foto de arquivo da Feira da Sala, un dos eventos que o GDR Os Sete Castros organizou na comarca de Sarria. (Arquivo EC).

O Grupo de Desenvolvemento Rexional (GDR) Os Sete Castros vai impulsar a elaboración dunha guía na que figuren todas as empresas da comarca de Sarria agrupadas por sectores de actividade. O obxectivo da guía é a promoción dos municipios de Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela, que integran esta comarca.

Con esta publicación, poderase coñecer o espectro de actividades socioeconómicas e os servizos que se ofrecen na comarca sarriana para favorecer a súa difusión, tanto no entorno inmediato como fóra das súas fronteiras, e servir de referencia a posibles inversores.

Este proxecto enmárcase dentro dunha das liñas de actuación do GDR, que se refire á Promoción do Territorio. Dende este Grupo de Desenvolvemento Rexional xa se impulsaron outras iniciativas desta índole, como un vídeo promocional da comarca, as xornadas sobre montes veciñais de man común, unha guía turística, a instalación de diversos paneis QR, a xestión de diversas axudas, ou a celebración da Feira da Sala e produtos da comarca, entre outras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ESTUDIANTES DO IES XOGRAR AFONSO DE SARRIA FORMÁRONSE EN COOPERATIVISMO CON AGACA

Seguinte Nova

FERNANDO PARADA VEIGA ENCABEZARÁ A LISTA DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA DE A POBRA DO BROLLÓN

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: