• Os deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Ángel Camino acompañaron ao candidato do PP á alcaldía de O Incio, José Álvarez, no balance que presentou sobre os investimentos da Xunta neste municipio. Según Álvarez, o Goberno galego leva investidos en O Incio 21,6 millóns de euros nos últimos 6 anos. As achegas con destino concreto neste municipio superan os 7,9 millóns de euros, aos que se engaden 14,3 millóns de euros correspondentes a partidas xenéricas destinadas á comarca de Sarria pero executadas no termo municipal de O Incio. Entre os investimentos máis destacados, están a renovación e ampliación da praza do concello, con 323.236 euros, e a construción de vivendas de promoción pública, con 1.100.000 euros. Tamén destacan a mellora do firme e da sinalización na estrada LU-642, con 187.000 euros, o reforzo do firme LU-546, con 375.000 euros, ou a primeira fase da adaptación da LU-641, con 3.654.707 euros.•