Os socialistas da zona sur de Lugo aproveitarán «a oportunidade do 24-M porque non queremos gobernar un edificio, queremos gobernar para as persoas”

O candidato á alcaldía de Monforte, José Tomé, suliñou que «apostamos por un programa claro, cumprible, e cun proxecto ben feito», xa que «Monforte necesita volver a medrar e ser un referente»

O candidato socialista á alcaldía de Monforte, José Tomé, durante a recepción en Monforte do bus de campaña electoral do PSOE, acompañado polos responsables provinciais e comarcais deste partido. (Foto cedida).
O candidato socialista á alcaldía de Monforte, José Tomé, durante a recepción en Monforte do bus de campaña electoral do PSOE, acompañado polos responsables provinciais e comarcais deste partido. (Foto cedida).

• Monforte foi parada do bus electoral do PSOE que está a percorrer unha ruta de 25.000 quilómetros por toda España. A recepción do bus de Pedro Sánchez tivo lugar na rúa monfortina do Cardeal o pasado 9 de abril, e contou coa presencia do secretario Provincial do PSdeG-PSOE, Juan Carlos González Santín, o deputado autonómico Vicente Docasar, o coordinador comarcal Roberto Ramos, o alcalde de Ribas de Sil Miguel Ángel Sotuela, e o candidato á alcaldía de Monforte José Tomé Roca, acompañados doutros membros da candidatura socialista e portavoces do partido da zona sur. Os responsables socialistas aproveitaron a presencia do bus de Pedro Sánchez para manifestar que «non deixarán pasar a oportunidade das eleccións de maio, porque non queremos gobernar edificios, queremos gobernar para as persoas». Neste senso, González Santín afirmou que «somos os que podemos ofrecer un cambio seguro, pois contamos con vontade, ideas e grandes equipos para gobernar».

JOSÉ TOMÉ: «A NOSA CANDIDATURA COMBINA EXPERIENCIA E PREPARACIÓN»

Pola súa banda, o candidato á alcaldía de Monforte, José Tomé Roca, destacou que «se abre unha nova etapa, somos o futuro fronte aun proxecto esgotado e un PP que ningunea a Monforte e que se olvida dos comproisos e que conta cunha candidata que só se preocupa, xunto coa do BNG, sobre quen ten o soldo máis grande». Tomé afirmou que «nós niso non competimos, senón que apostamos por un programa claro, cumprible, cun proxecto ben feito e cunha candidatura aprobada». O alcaldable socialista precisou que «Monforte necesita volver a medrar e ser un referente, actualemente nin sequera o é nas festas patronais», e engadiu «ata na luz podemos dicir que temos a Monforte apagado, somos nós os que vamos a intentar volverlle a dar luz, que alumen as farolas da economía, da xente e do benestar».

Ante a falla de compromiso do PP, os socialistas van presentar «diante dos cidadáns unha candidatura que combina experiencia e preparación de compañeiros dispostos a gobernar con transparencia, con eficacia e con resultados, fuxindo do populismo e centrándonos nas políticas que leven consigo o desenvolvemento de Monforte». José Tomé argumentou que «non hai ningunha dúbida de que sabemos facelo, porque foi o actual alcalde quen dixo publicamente que a mellor etapa do seu Goberno foi cando gobernou co PSOE».

ROBERTO CASTRO: «A XUNTA ESTÁ IGNORANDO AOS VECIÑOS DA COMARCA»

Pola súa banda, o coordinador comarcal na zona sur do PSdeG-PSOE, Roberto Castro, criticou que «o goberno da Xunta está ignorando aos veciños da comarca». Castro afirmou que «nós temos como obxectivo conseguir aumentar a representación socialista en todos os concellos para acadar máis alcaldías, como a de Monforte, e así Ribas de Sil deixe de ser unha illa en toda a zona». «Creo que algunhas políticas que se levan a cabo nese concello gobernado por socialistas en materia eductiva e sociocultural podían ser tomadas como modelo por algúns concellos do PP». «Esperamos poder facer máis socialismos desde os concellos e preto dos cidadán», engadiu Castro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dez anos ensalzando a artesanía en Triacastela

Seguinte Nova

ESTUDIANTES DO IES XOGRAR AFONSO DE SARRIA FORMÁRONSE EN COOPERATIVISMO CON AGACA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: