Pilar López presentou unha candidatura “comprometida exclusivamente con Monforte e o seu avance”

A alcaldable do BNG destacou que é unha lista «paritaria, liderada por mulleres e que aúna renovación e experiencia»

• A candidata do BNG á alcaldía de Monforte, Pilar López, presentou ao Consello Comarcal a súa proposta de candidatura para as eleccións municipais. Según López, trátase dunha lista paritaria, na que se combinan profesionais de distintos ámbitos e que destaca por estar liderada por mulleres. Pilar López sinalou que o seu equipo «aúna renovación e experiencia, pero sobre todo un obxectivo común, traballar por e para Monforte».

«O EQUIPO QUE GOBERNE ESTA CIDADE DEBE COÑECELA DE CABO A RABO»

«É un equipo cohesionado e leal, que continuará e mellorará un proxecto iniciado hai 12 anos, que converteu a Monforte nunha cidade de referencia no sur da provincia, e que debe seguir loitando porque manteña a súa voz propia dentro e fóra de Galicia.»

Para a candidata nacionalista é «fundamental que o equipo que goberne esta cidade a coñeza de cabo a rabo», e «se preocupe de escoitar e tratar de resolver os problemas dos seus veciños e veciñas». Segundo Pilar López, «non pode ser que quen teña aspiracións de liderar o proxecto de modernización e mellora de Monforte, pase máis tempo fóra de aquí velando polos intereses dun partido».

INTEGRANTES DA LISTA DO BNG ÁS MUNICIPAIS EN MONFORTE

A candidatura que presenta o BNG ás municipais en Monforte está encabezado por Pilar López Martínez, profesora de ensino secundario, que lidera a lista integrada por Alicia Cadarso Palau, médico no Hospital Comarcal de Monforte; Mª Xosé Vega Buján, profesora de ensino secundario; Emilio José Sánchez Iglesias, industrial; Víctor López Mateo, industrial; Rosa Ana Somoza Vila, xubilada; Antonino Luaces Díaz, agricultor; Salvador Pagazaurtundúa Gómez, médico no Hospital Comarcal de Monforte; Ana María Casal Rivas, médico do Hospital Comarcal de Monforte; Alejandro Martínez Rodríguez, ferroviario; Xosé Lois Losada Lago, funcionario de prisións; José Luis Rodríguez Rivera, ferroviario; Mª Isabel Sánchez Montenegro, mestra de educación primaria; Iván Álvarez Merayo, responsable local do BNG e arqueólogo; Mª Fe Martínez Coutado, moza de almacén; Manuel García Gómez, autónomo; e Mª Carmen Fernández Cid, pensionista.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Creatividade e socialización nos Faladoiros dos Luns en Sober

Seguinte Nova

Julia Rodríguez deu a coñecer a candidatura a pé de rúa “que mellor pode gobernar Monforte os vindeiros catro anos”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss