Raquel López Rodríguez encabezará a lista do PSdeG-PSOE en Chantada

López presenta un «proxecto para o cambio imprescindible que precisa o concello logo de catro anos de total parálise»

• A Agrupación Socialista de Chantada presentou a comezos de abril a súa candidatura para as eleccións municipais. Como cabeza de lista figura a profesora de instituto Raquel López Rodríguez, que lidera un equipo no que hai «unha clara aposta pola renovación, pero que tamén mestura experiencia de goberno e de traballo a prol dos veciños».

«UNHA LEXISLATURA PERDIDA E MARCADA POLO DECLIVE ECONÓMICO DE CHANTADA»

A secretaria xeral da Agrupación Socialista de Chantada e candidata á alcaldía da vila do Asma afirmou que «o noso é un proxecto que propón o cambio imprescindible que precisa o concello logo de catro anos de total e absoluta parálise». López Rodríguez criticou ao actual goberno local por ter como resultado «unha lexislatura perdida, marcada polo declive económico de Chantada», que tivo como consecuencias «o peche de negocios, a falta de calquera alternativa laboral e a mala situación de labregos e gandeiros.

A candidata socialista ás municipais de Chantada destacou que «ante a deixadez dun alcalde ben pagado, os socialistas queremos gobernar para dar impulso aos sectores que poden volver converternos nun referente, no canto de seguir sendo outro concello de interior que esmorece lenta pero inexorablemente.

COMPOSICIÓN DA LISTA DO PSDEG-PSOE EN CHANTADA

En canto á lista que presentan os socialistas, Raquel López precisou que é «só o reflexo dunha morea de pesoas que estamos a traballar para gañar as eleccións pero, sobre todo, para que Chantada poida recuperarse da desfeita que foron estes catro anos».

VECIÑOS E VECIÑAS PROCEDENTES DE DIVERSOS SECTORES PROFESIONAIS

Ademais de Raquel López Rodríguez, profesora de Instituto, a candidatura socialista ás municipais está integrada por María Jesusa Rodríguez López, profesora de Primaria; Héctor Ledo Rodríguez, empregado de ICOS; José Antonio Neira Vázquez, hostaleiro; Antonio Rodríguez Novoa, gandeiro; Sergio Estévez Álvarez, veterinario e gandeiro; María Ángeles Merino Martínez, auxiliar de xeriatría; Zaida González Vázquez, diplomada en Maxisterio Infantil; José Luís Vázquez Hermida, administrativo; Judith López Fernández, xestora administrativa; Mª Esther Seijas Vilela, operaria; Xesús Boán Méndez, empresario; e Manuel Anxo Taboada Rodríguez, profesor de Instituto. Como suplentes, completan a lista do PSdeG-PSOE ás municipais en Chantada Daniel Moure González, traballador social; Aurora Baltar Díaz, empregada de Correos; e Xosé Areán López, gandeiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo foi a sede da II Asemblea Nacional da Federación Rural Galega (FRUGA)

Seguinte Nova

Aberto o prazo de inscrición na Escola Infantil de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: