Tres medallas para os deportistas do club Neka no Open de España

• Os taekwondistas do club Neka de Monforte veñen de colleitar novos éxitos na súa participación no Open de España, celebrado en Pontevedra o pasado 11 de abril

O trío formado por Carlos Rey, Samuel López e Alex Camba, posan co adestrador do club Neka, José Mª Vega, logo de completar a súa participación no Open de España celebrado en Pontevedra o 11 de abril.(Foto cedida).
O trío formado por Carlos Rey, Samuel López e Alex Camba, posan co adestrador do club Neka, José Mª Vega, logo de completar a súa participación no Open de España celebrado en Pontevedra o 11 de abril.(Foto cedida).

 

 

TRES CLASIFICADOS PARA ESTAR NA SELECCIÓN GALEGA O VINDEIRO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Esta importante cita deportiva, que contou con participantes de varios países, conta cun alto nivel de competición, xa que habilita aos medallistas para acceder ao Campionato de España. Deste xeito, o club Neka terá presencia no combinado galego que disputará a gran proba nacional no mes de maio, grazas ao bronce acadado polo trío junior de Carlos Rey, Samuel López e Álex Camba. Esta medalla clasifícaos directamente para integrar a selección galega no vindeiro Campionato de España.

De esquerda a dereita, Gabriel Tembras, lucense membro da selección galega de taekwondo, xunto aos deportistas do Neka tamén seleccionados Carlos Rey, Samuel López e Alex Camba,  (Foto cedida).
De esquerda a dereita, Gabriel Tembras, lucense membro da selección galega de taekwondo, xunto aos deportistas do Neka tamén seleccionados Carlos Rey, Samuel López e Alex Camba, (Foto cedida).

BO PAPEL DOS PARTICIPANTES DO CLUB NEKA

Ademais deste podio, cabe destacar o bo papel do trío cadete formado por Cristian Castro, José Roca e Brais Rodríguez, que completaron a súa participación no Open de España cun destacado quinto posto. En categoría individual, Sabela González e Meritxell Varela realizaron un bo traballo na primeira ronda, deixando atrás a máis de qunice competidoras, aínda que non foi suficiente para proseguir en competición. O adestrador do Neka, José Mª Vega, valorou moi positivamente o esforzo e a competitividade dos seus deportistas. «Logo desta importante proba, estamos a traballar a tope para o Campionato de España», suliñou Vega, satisfeito porque o taekwondo monfortino teña xa garantida a súa presencia no combinado que representará a Galicia nesta competición. «O trío de Carlos Rey, Samuel López e Álex Camba xa están dentro por ter medalla, e iso é un logro moi importante para estes rapaces, e moi satisfactorio para o club», suliñou.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Esixen a Sanidade que ofreza un «servizo de calidade» aos usuarios do Centro de Saúde de A Pobra do Brollón

Seguinte Nova

MIGUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ ENCABEZARÁ A LISTA DE TRIACASTELA, CO FIN DE “ACABAR CO DESGOBERNO DO PARTIDO POPULAR”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss