A Vía de Altas Prestacións entre Sarria e Monforte entrará en servizo este ano na súa totalidade

Este corredor permitirá reducir á metade o tempo de desprazamento entre as dúas vilas

A lonxitude total do treito Sarria-Monforte é de 27,8 quilómetros, cun investimento de 135 millóns de euros O itinerario actual por estrada convencional suma 30,82 quilómetros, pero inclúe 14,9 quilómetros de travesías que ralentizan os desprazamentos A Xunta está a investir 84 millóns de euros nos dous últimos treitos entre Noceda, no Incio, e Monforte para construír preto de 19 quilómetros de Vía de Altas Prestacións

As obras da Vía de Altas Prestacións inclúen diversas actuacións, como a construción de pasos elevados. CMATI
As obras da Vía de Altas Prestacións inclúen diversas actuacións, como a construción de pasos elevados. CMATI

• A conexión entre Lugo e Monforte a través dunha Vía de Altas Prestacións (VAP) está cada día próxima. Os dous últimos tramos da VAP Lugo-Sarria-Monforte poderán estar en servizo dentro deste ano, se non xorden imprevistos. Según destacaron os responsables da Consellería, trátase dunha actuación que será clave para conectar o sur da provincia de Lugo, posto que reducirá á metade o tempo de desprazamento entre Monforte e Sarria, deixándoo en menos dun cuarto de hora.

A Xunta anunciou que a Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte entrará en servizo este ano na súa totalidade. CMATI
A Xunta anunciou que a Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte entrará en servizo este ano na súa totalidade. CMATI

MÁIS SEGURIDADE VIAL E MENOS TEMPO DE DESPRAZAMENTO

Actualmente está en servizo a vía desde Lugo ata O Incio, que xa amosou a todos os usuarios a grande vantaxe de comodidade, mellora dos tempos de desprazamento e da seguridade viaria que supón a posta en marcha duna vía destas características. A día de hoxe, están en obras os dous últimos treitos entre Noceda, no concello de O Incio, e Monforte, dous treitos nos que a Xunta están a investir 84 millóns de euros, para construír preto de 19 quilómetros de Vía de Altas Prestacións.

A lonxitude total do treito Sarria-Monforte é de 27,8 quilómetros, cun investimento de 135 millóns de euros. O itinerario actual por estrada convencional suma 30,82 quilómetros, pero inclúe 14,9 quilómetros de travesías que ralentizan os desprazamentos de xeito considerable. Os dous subreitos, o de Noceda-A Áspera e o de A Áspera-Monforte, que se atopan en obras actualmente, evitarán en total 11,5 quilómetros de travesías.

Imaxe do avance dos traballos dun tramo da Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte, ao seu paso polo municipio de Bóveda. CMATI
Imaxe do avance dos traballos dun tramo da Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte, ao seu paso polo municipio de Bóveda. CMATI

LUGO, A PROVINCIA CON MÁIS INVESTIMENTO EN ESTRADAS EN 2015

A provincia de Lugo é a de maior previsión de investimento en materia de estradas nos Orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2015. Unha aposta que se complementa con actuacións como a rebaixa de prezo no solo empresarial que está ofrecendo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesturas. En total, o consello de administración da empresa pública Xestur adxudicou, no marco do concurso de venda de solo con prezo bonificado, preto de 90.000 metros cadrados na provincia de Lugo, cun investimento previsto de arredor de 45 millóns de euros.•

As obras de mellora da travesía de A Pobra de San Xiao, en Láncara, estarán rematadas no mes de xuño

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha recente visita ás obras da travesía de A Pobra de San Xiao. CMATI
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha recente visita ás obras da travesía de A Pobra de San Xiao. CMATI

• As obras de mellora que se están a executar na travesía da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, estarán rematadas este próximo mes de xuño. Según precisaron dende a Xunta, trátase dunha intervención de gran importancia para este municipio, que ten como obxectivo a mellora integral dun treito da estrada que une A Pobra de San Xiao e Baralla (LU-621), coñecido como rúa Valdriz, que discorre polo núcleo urbano.

DETALLE DAS OBRAS DE MELLORA

A mellora que se está levando a cabo consiste na renovación das beirarrúas, a rehabilitación do firme, e a reposición e renovación do alumeado público e das redes de saneamento, pluviais e abastecemento naqueles treitos nos que é necesario.

Actualmente estase traballando só na marxe esquerda, onde se demoleron as beirarrúas existentes nuns 370 metros, renovouse a canalización de abastecemento e instalouse a rede separativa de pluviais, ca que a existente era unitaria, con tubaxe de PVC, incluíndo pozos de rexistro e conexión de acometidas domiciliarias. Ademais, neste treito colocáronse os bordos prefabricados e a canalización subterránea para iluminación pública, realizouse o afirmado da beirarrúa mediante lastro artificial e formigonado, que servirá de base para a colocación das losetas.

Unha vez finalizada a actuación, os veciños deste concello contarán cunha travesía totalmente renovada, máis funcional e accesible e con redes de servizos axeitadas ás necesidades actuais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Amaro Carretero, candidato de Esquerda Unida-SON á alcaldía de Monforte

Seguinte Nova

Pantón acolle o torneo Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade- International Ladies Open por terceiro ano consecutivo

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss