• O domingo 19 de abril arrincou en Ferreira a III Festa de Clásicos Ribeira Sacra, un encontro no que participaron máis de 130 vehículos, algúns dos cales fixeron a súa primeira viaxe nos anos cincuenta.
Dende Ferreira, a comitiva de coches clásicos iniciaron unha visita guiada que tivo como puntos de interés Pombeiro, Os Peares e Monforte, nun itinerario que transcurriu pola antiga N-120. Ao mediodía, os participantes na III Festa de Clásicos Ribeira Sacra disfrutaron dun xantar de confraternidade no restaurante Don Manuel, en Monforte, ao tempo que os seus vehículos quedaban expostos na explanada da Compañía. Todos os coches desta exposición superaban os vintecinco anos de antigüidade.
Esta cita aglutina o disfrute turístico polos rincóns da Ribeira Sacra, co interés do público cara ás xoias do motor que amosan ano tras ano.•