Lectura solidaria entre xeracións para celebrar o Día do Libro na Residencia de Maiores do Malecón

Xoves e maiores celebraron o Día do Libro na Residencia do Malecón en Monforte. (Foto cedida).

• A Residencia de Maiores do Malecón en Monforte celebrou o Día do Libro cun evento interxeracional. Un grupo de alumnas e alumnos do IES A Pinguela, acompañados pola profesora María Xosé Vidal, acudiron á Residencia para compartir esta xornada cultural cos maiores, e convertir esta efeméride da lectura nun acto cheo de convivencia e solidaridade.

Baixo o lema «Ler é compartir», os rapaces e rapazas agasallaron aos residentes do Malecón cunha hora de lecturas interpretadas. Vontade de agradar, boa técnica na dicción e gran gusto pola lectura caracterizaron a interpretación destes xoves lectores, que compartiron desinteresadamente e con entusiasmo o seu gusto polos libros. Os maiores da Residencia do Malecón quedaron encantados con esta visita, que se inserta dentro dun programa de actividades que o equipo docente do IES A Pinguela vén desenvolvendo ao longo de todo o curso con esta institución.

A animadora e coordinadora de actividades culturais da Residencia, Paqui Abeledo, amosou o seu agradecemento ao alumnado e profesorado do instituto «por esta convivencia chea de sentimento e ledicia».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Creatividade plástica para conmemorar o Día do Libro no IES Xograr Afonso

Seguinte Nova

Contacontos no Día do Libro para os cativos de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: