O Concello de Monforte solicita unha subvención para a depuradora do polígono

O ano pasado xa solicitara unha axuda para este mesmo fin, que lle foi denegada pola Xunta de Galicia

A mellora da depuradora servirá para adaptar esta infraestrutura ás necesidades do polígono industrial do Reboredo.  Arquivo EC.
A mellora da depuradora servirá para adaptar esta infraestrutura ás necesidades do polígono industrial do Reboredo. Arquivo EC.

• O Concello de Monforte anunciou que vai solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, coa finalidade de levar a cabo a mellora da depuradora do polígono industrial do Reboredo.

AXUDAS COFINANCIADAS POLA UNIÓN EUROPEA

As axudas, que convoca a Consellería de Economía e Industria, e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), teñen como obxectivo a habilitación e mellora de infraestruturas e servizos dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, según se establece na Orde do 4 de marzo de 2015.

CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO DE MELLORA

Según informaron os responsables municipais, o proxecto que presenta o Concello de Monforte para esta subvención plantea dotar á estación depuradura do polígono industrial dun novo tratamento de aireación con fangos activos das augas residuais, mellorando así o funcionamento da depuradora.

Dende o Concello de Monforte precisaron que estas melloras propiciarían a adecuación desta infraestrutura ás normas posteriores á súa creación, e aumentarían a capacidade de tratamento dunha depuradora que recibe augas cunha alta carga contaminante de orixe orgánica.

O Concello de Monforte xa solicitara o ano pasado unha subvención destinada a mellorar a depuradora do polígono, axuda que lle foi denegada pola Xunta de Galicia.

CONTÍA DA AXUDA

O custo do proxecto ascende a 147.854 euros, sendo a contía das axudas da Consellería de Economía e Industria dun 80 % do importe total, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. As actuacións subvencionables nesta liña de axudas inclúen servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía, estacións de depuración de augas, xestión de residuos, ou infraestruturas viarias, entre outras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pilar López Yáñez, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Sarria, garante que pasará “da inacción á acción para recuperar o prestixio

Seguinte Nova

O IES A Pinguela pon en marcha o proxecto de mobilidade Erasmus + Dinamizando Galicia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: