O IES A Pinguela pon en marcha o proxecto de mobilidade Erasmus + Dinamizando Galicia

Vai destinado á mocidade entre 18 e 30 anos en ciclos medios, accións formativas e cursos de capacitación O obxectivo é facilitar a inserción laboral dos participantes

Os representantes dos centros, entre os que se atopa Enrique Sampil, director do IES A Pinguela, acompañados polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a subdirectora xeral de Promoción de Actividades, Yolanda Otero Balsa.  (Foto cedida).
Os representantes dos centros, entre os que se atopa Enrique Sampil, director do IES A Pinguela, acompañados polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a subdirectora xeral de Promoción de Actividades, Yolanda Otero Balsa. (Foto cedida).

• O IES A Pinguela de Monforte pon en marcha o Dinamizando Galicia, un proxecto de mobilidade Erasmus + dirixido á mocidade ata 30 anos. O centro monfortino forma parte do Consorcio deste proxecto, que está coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

DESTINATARIOS DESTE PROXECTO

Según explicaron os responsables deste proxecto, o Dinamizando Galicia (DiGal) vai dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean realizando cursos de capacitación, accións formativas ou ciclos medios, e que finalicen estes estudios no ano 2015, antes de xuño de 2016 ou que os tiveran rematado en novembro ou decembro de 2014.

OBXECTIVOS

En canto aos obxectivos, o proxecto DiGal busca facilitar a inserción laboral da mocidade proporcionando a posibilidade de coñecer o mercado de traballo, adquirir experiencia laboral, poder desenvolver capacidades de autonomía e independencia e, ao mesmo tempo, poder mellorar as habilidades lingüísticas e comunicativas nun idioma distinto ao materno.

CARACTERÍSTICAS

O proxecto DiGal ofrece a posibilidade de realizar práticas laborais non remuneradas durante 60 días nunha empresa estranxeira axeitada ao perfil profesional do participante, nos sectores de informática, administrativo e imaxe persoal. As empresas están radicadas en Irlanda, Francia, Portugal, Italia e República Checa. Cada beneficiario do proxecto DiGal terá cubertos todos os gastos da estancia, que inclúen viaxes de ida e volta a custo real ata un máximo segundo o país elixido, aloxamento e manutención, actividades de apoio lingüístico-cultural no país de destino durante 20 horas, e apoio permanente durante a estancia. Ao regreso recibirá a correspondente acreditación oficial da experiencia laboral, que será válida en todo o territorio nacional e europeo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte solicita unha subvención para a depuradora do polígono

Seguinte Nova

Creatividade plástica para conmemorar o Día do Libro no IES Xograr Afonso

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: