O PP de Monforte reivindicou a figura do VII Conde de Lemos no Día do Libro

O partido que lidera Julia Rodríguez puxo a disposición de colexios e familias un caderno didáctico sobre este personaxe fundamental na historia de Monforte

A candidata do PP á alcaldía de Monforte, Julia Rodríguez, presentou esta iniciativa cultural acompañada por membros da súa candidatura.  (Foto cedida).
A candidata do PP á alcaldía de Monforte, Julia Rodríguez, presentou esta iniciativa cultural acompañada por membros da súa candidatura. (Foto cedida).

• A candidata do Partido Popular á alcaldía de Monforte, Julia Rodríguez, acompañada por membros do seu equipo electoral, liderou unha iniciativa de carácter educativo-cultural que os populares desenvolveron durante a semana da celebración do Día do Libro.

ACHEGAR A FIGURA DO VII CONDE DE LEMOS AOS MÁIS NOVOS

Durante os días previos a esta efeméride cultural, que anualmente se celebra o 23 de abril, os membros do PP monfortino puxeron a disposición das ANPAS dos centros educativos de primaria da cidade un caderno de lecer e aprendizaxe centrado na historia do VII Conde de Lemos. Con este material, os responsables desta iniciativa pretenden que os alumnos e alumnas de Monforte «coñezan máis de cerca a figura do estadista e diplomático, como unha maneira de reivindicar a súa importancia e a necesidade de potenciar a súa relación coa cidade».

Según explicou Julia Rodríguez, esta proposta desenvolvida polo Partido Popular de Monforte tivo unha doble vertente, xa que, por unha banda, buscou reivindicar a figura do VII Conde de Lemos dende o ámbito educativo «para chegar dende os máis novos e de xeito didáctico a todos os monfortinos».

CRÍTICA AO GOBERNO LOCAL «POR NON ORGANIZAR NIN UNHA SOA ACTIVIDADE NO ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DA SEGUNDA PARTE DO QUIJOTE»

Por outra banda, Julia Rodríguez referiuse a unha vertente de denuncia ao Gobierno local «porque catro meses despois de terse iniciado o aniversario da publicación do segundo tomo de «El Quijote» que Cervantes lle adicou a VII Conde de Lemos non foi capaz de organizar unha soa actividade para potenciar e recuperar a súa figura».

Ademais de facer entrega de exemplares deste caderno para os centros educativos de Monforte, os populares instalaron un posto na rúa Cardeal o propio Día do Libro, para facer chegar este material a todas as familias de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unha APP para teléfonos móbiles ofrecerá información turística e de servizos en Monforte

Seguinte Nova

Cultura no Camiño programa espectáculos en catro concellos para maio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss